A Axencia Turismo de Galicia concede unha axuda a Mos para o seu tramo do Camiño de Santiago

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Evítase o feísmo embelecendo os espazos de recollida de lixo con cubre contedores fabricados en madeira e aceiro cortem

 

O Concello de Mos asina un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para a realización de actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no municipio, consistentes no embelecemento das zonas do Camiño de Santiago onde se atopan instalados contedores de recollida de lixo, mediante a instalación de elementos cobertores fabricados con materiais estéticos que evitan o feísmo.

O obxectivo é a posta en valor dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais destacando a súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Da instalación destes cubre contedores asumirá a Axencia Turismo de Galicia un 65%, en base ao convenio de colaboración, e o Concello de Mos a contía restante.

O enorme e rápido crecemento do turismo en Galicia, provoca tamén un grande fluxo de persoas de distintas procedencias e condiciónssocioculturais, atraídos ben polanatureza, paisaxe, gastronomía, cultura e as xentes. No caso do Camiño de Santiago este fenómeno vai a máis día a día. Na presente actuación de instalación de mobiliario de cubrecontedores en 5 ubicacións de recollida de lixoprenténdese por en valor a traza do Camiño de Santiago Portugués aoseu paso por Mos e armonizar co ambiente mellorando a apariencia estética

A instalación de mobiliario comprende as ubicacións de: Avenida de Galicia, diante da Capela das Angustias; Amierirolongo-Sanguiñeda, na zona da Asociación de Veciños Chan do Bosque, Veigadaña, Os Cabaleiros (parroquia de Mos), e entorno da Capela de Santiaguiño (Guizán).

Os cubrecontedores a instalar estarán fabricados en base a unha estructura composta por madeira tratada en autoclave resistente ao exterior anclada con estuctura de aceiro corten con porta corredeiras sobre perfil de aceiro inoxidable e escudo do Concello de Mos grabado sobre placa de aceirocortem. As características dos materiais a empregar son madeira tratada, portas corredeiras e placa en aceirocortem con escudo calado de 1,35 x 1,00 m e 2 mm de espesor.

O Concello de Mos xainstalououtrosdous cubre contedores exactamente iguaisaos que se van colocar grazas á subvención da Axencia Turismo de Galicia fronteá Capela de San Amaro (Petelos) e no Pazo de Mos e instalará, financiándoos con fondos propios municipais, outros cinco a maiores dos cinco para os que se acadou a axuda autonómica. Tamén serán exactamente iguaisaosxa instalados no Pazo e San Amaro e colocaranse en cinco das zonas máis transitadas do Concello (fóra do Camiño de Santiago): A Rans (Tameiga), Puxeiros (Tameiga), Torroso (inmediacións do Centro Dotacional), Peinador e San Eleuterio.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete