Ponteareas e Salvaterra únense na III Edición da Carreira Ribeira do Tea

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A cita de este evento será o 29 de xullo e as inscricións aínda están abertas

 

O Club Camiñantes do Condado rinde homenaxe ao río Tea e ao Miño coa III edición da carreira Ribeira do Tea que une os concellos de Ponteareas e Salvaterra cunha proba deportiva na que os veteráns percorrerán 12 km, a categoría absoluta 16 km e os xuvenís e infantís 2 km.

A Tenente de Alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o Concelleiro de Deportes de Ponteareas, Benito Márquez, presentaron esta nova edición xunto aos organizadores nos xardíns do concello de Ponteareas convidando a toda a veciñanza a participar nesta proba que terá lugar o vindeiro domingo día 29 de xullo a partir das 10.00 h.

A inscrición poderá realizarse na páxina web www.championchipnorte.com ou na do club www.caminhantesdocondado.es

O Club de montaña Camiñantes do Condado sorteará agasallos entre os participantes e entregará trofeos en todas as categorías.

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez,  quixo recalcar “a importancia deste tipo de probas, que unen concellos e fomentan a cooperación entre veciños” e tamén felicitou aos organizadores “por todo o traballo que fan a diario e que se ve reflectido en tódalas probas que organizan, pola súa profesionalidade e polo seue bo facer”.

A 1ª Tte de Alcalde de Salvaterra de Miño resaltou a gran importancia de este tipo de eventos deportivos que "por un lado fomentan un estilo de vida saúdable a través do deporte  e por outro poñen en valor o noso entorno natural e patrimonial, neste caso o Recinto Amurallado de Salvaterra e a senda do Río Tea,  e que por outra banda son un exemplo claro de cooperación e colaboración entre institucións e as propias asociacións". Ademáis resaltou o gran traballo e bo facer do Club Camiñantes do Condado, que está conseguindo que ano a ano esta proba deportiva creza e se consolide.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete