Éxito rotundo das “6 horas Vila do Corpus” coa doazón de 9.000 € a Down Vigo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A concellería de Deportes felicita aos Corredores Festeiros pola boa organización

 

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, felicita á organización da proba deportiva “6 horas Vila do Corpus” coa que colaborou o concello de Ponteareas polo resultado das cifras acadadas na recadación e que serán doadas á asociación Down Vigo.

Se nun primeiro momento os Corredores Festeiros e o concello de Ponteareas fixeron entrega dun cheque por valor de 8.500€ ao remate da proba a Down Vigo, a día de hoxe coas contas pechadas, a organización comprácese en anunciar que o total doado será de 9.000 € grazas ás aportacións que seguiron a recibir unha vez rematada a proba.

Duplicando a recadación de fondos solidarios acadada o ano pasado, “6 horas Vila do Corpus” conságrase como unha proba deportiva que aspira fixarse no calendario de toda España tralos bos resultados acadados a nivel organizativo e de obxectivos.

O gañador individual, Marcos Groba do Club Taninos, foi un dos primeiros en dar exemplo doando un euro por cada km percorrido, entregando ao baixa do podium 80€ á Down Vigo.

Foron moitas as felicitacións que lle chegaron aos Corredores Festeiros tanto pola organización, como pola iniciativa solidaria e o número total de participantes; un total de 250 corredores, cun máximo de 80 correndo á vez e 35 voluntarios, fixeron posible que esta proba urbana e nocturna resultara todo un éxito.

Os organizadores destacan a alta participación e agradecen a colaboración do voluntariado que superou as expectativas tendo que deixar en lista de espera a moitos e moitas voluntarias que se anotaron e que cos que agardan contar para a vindeira edición.

Corredores Festeiros tamén salienta a entrega da veciñanza de Ponteareas e das casas comerciais así como o apoio do concello de Ponteareas.

“Dende a concellería que dirixo e como ponteareán doulle os parabéns á organización polo esforzo realizado, pola capacidade de transmitir ilusión e pola iniciativa solidaria que enaltece o deporte”, explica Márquez.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete