Cortes e desvíos de tráfico no Porriño ata o domingo 22

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dende hoxe as rúas do centro do Porriño terán restrinxido o tráfico rodado pola celebración de Porrigalia

 

A Policía Local do Porriño informa que a causa da celebración de Porrigalia, o venres, día 20, sábado, 21 e domingo 22 de xullo, haberá cortes, restricións e desvíos do tráfico rodade en distintas rúas do casco urbano.

Na rúa Domingo Bueno, dende o número 1 ata o cruzamento co Fernández Areal, a circulación estará cortada dende o venres, día 20, ata as 2 da tarde do domingo, 22.

Tamén estará prohibido circular por Ramón González e Manuel Rodríguez , ata o cruzamento con San Sebastían, dende este venres ata o domingo e, finalmente o tráfico da rúa Pío XII estará desviado pola rúa Fontevella.

Do mesmo xeito, a parada do autobús para Tui, estará na Avenida de Galicia e no cruzamento con Salceda –acceso a Atios-Vilafría- nos dous casos debidamente sinalizado.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete