O Plan Municipal Anual contra a VespaVelutina do Concello de Mos inicia a súa fase de actuación

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tras a instalación de trampas preventivas chegou o momento da retirada de niños en activo

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Pérez, informaron hoxeda fase na que se atopaa campaña municipal anual contra a VespaVelutina, que este 2018 realízase por terceiro ano consecutivoe que se iniciou o pasado mes de marzo.

Este Plan, que conta coa colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, consta de tres partes fundamentais: información, prevención e actuación. A información á poboaciónrealízase mediante charlas abertas e actividades informativas específicas organizadas para colectivos.

A parte de prevención consistiu na instalación de 300 trampas para a erradicación de novos niños evitando a súa formación, que se colocaron entre o pasado mes de maio e principios do mes de xuño. Estas trampas financiáronse con fondos propios municipais.

As trampas están destinadas á regularización e captura de raíñas fundadoras deste insecto. Desta maneira trátase de reducir a poboación do mesmo menguando así o número de niños de Vespa Velutina para tranquilidade da poboación, e para evitar os custes que supón a desactivación dos devanditos niños unha vez formados, reducir os danos en cultivos fructícolas e contribuir á protección das abellas autóctonas. 

As trampas colocadas este anoinstaláronse sobre todo nas zonas potencialmente máisconflitivas como son os lugares onde había niños de VespaVelutina, preto de árbores con flor ou que poideran ter pole ou pulgón, e de galpóns nos que se garda material apicultor. Semprenun radio de entre 200 e 400 metros de distancia dos devanditos puntos. Reforzando sobre todo as zonas próximas a ríos e regatos, que son as máisperigosas.

Finalizado o período inicial de prevención mediante a instalación de trampas, estase realizando agora a fase de eliminación dos niños formados en activo que se vaian atopando (actuación) e que vaian notificando os veciños afectados. Dáselles prioridade de eliminación aos catalogados de risco extremo, que son os que aparecen en lugares coma as proximidades de colexios, etc.; seguidos dos que estean preto de vivendas. Para elo é moi importante a colaboración veciñal que aporte información sobre a existencia e ubicación de niños de Vespa Velutina.

Polo de agora o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos recibiu, en tan só 10 días,16 alertas de niños de VespaVelutina, dos calesxaretirou 9 e ten pendentes de retirar os 7 restantes. Sen embargo, o coordinador do devanditoservizo, Rodrigo Iglesias, explica que este “trátasedun fenómeno exponencial, xa que de momento os niños son pequenos e pouco visibles, pero conforme transcorran os días medrarán, serán máis grandes e máis visibles, e de seguro recibiremos moitasmáis alertas veciñais”.

Dos 16 niños de VespaVelutina localizados ata o de agora en Mos, 4 están na parroquia de Petelos, 3 na parroquia de Mos, nas parroquias de Cela, Tameiga e Torroso 2 en cada unha, e nas parroquias de Pereiras, Sanguiñeda e Guizán 1 en cada unha. Nas parroquias de Louredo e Dornelas non se atopou ningún niño ata o momento.

Para informar da existencia de niños a veciñanzamosense pode contactar telefónicamente co Concello de Mos e, a maiores,dende a administración local mosenseinfórmase de que taménexiste na Xunta de Galicia un servizo contra a VespaVelutina, que só actúa na retirada de niños, -non realiza traballos de prevención nin colocación de trampas-. O servizo autonómico contacun teléfono gratuíto, o 012, ao que se pode chamar taménen caso de detectar un niño para que acudan a eliminalo.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete