O Verdoejo Art Rock contribuirá coa reforestación de San Xurxo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Valença acollerá este festival que se celebrará do venres 27 ao domingo 29 nunha fin de semá que fusiona cultura e natureza

 

O Verdoejo Art Rock ven de presentar a súa cuarta edición na Casa da Cultura de Salceda de Caselas, da man de diversas personalidades de Galiza e Portugal. Este festival, que se celebrará do 27 ao 29 de xullo en Valença, destaca pola sua laboura social, solidaria e de sostenibilidade, que este ano se centra nas consecuencias dos incendios do pasado mes de outubro.

Unha parte da recadación da edición deste ano do Festival Verdoejo Art Rock vai ir destinada a favor da reflorestación das áreas queimadas en Verdoejo (Valença) e en San Xurxo (Salceda de Caselas). Así, a organización do festival comunicou que “por cada entrada vendida, a organización donará 1 € para reforestar as áreas queimadas de Verdoejo e San Xurxo”.

O festival promove a arte, a cultura, o benestar da cidadanía e aprotección da natureza, coa idea fundamental de fusionar cultura e natureza, nun festival pensado a nivel de Eurorexión, con artistas chegados de ámbalas dúas marxes do Miño. Do cartaz forman parte nomes das duas beiras do Miño, como Peste & Sida, Brantner e Plastic People. O festival iniciarase o venres 27 de xullo coa apertura da exposición de Land Art, realizada en colaboración coa Bienal de Vila Nova de Cerveira.

No sábado, 28 de xullo, realizaranse diversas actividades como o paseo pola vila de Verdoejo para mostrar os grabados rupestres. No domingo 29, último día do festival, comezarase cunha mega aula de Zumba que invadirá o palco do festival e ás 14.00 h, terá lugar a XI Descida do Rio Minho em boia. O prezo das entradas varía entre os 8 € a entrada diaria e 15 € a entrada xeral.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, agradeceu a solidaridade chegada dende Verdoejo, destacando que “nun mundo globalizado e en movemento o futuro está nas fronteiras, nun territorio pensado para as persoas”. Así mesmo, destacou o feito de que “as dúas beiras do Miño estamos 'condenadas' a 'entendernos', defendendo as importantes relacións entre Galiza e Portugal, no que é o tramo de fronteira máis dinámico entre España e Portugal.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete