Un novo vehículo híbrido patrullará polo Concello do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Administración Local dota dunha nova unidade ao parque móvil da Xefatura da Policía Local polo sistema de "renting"

 

A Policía Local do Porriño dispón xa dun novo coche, adquirido polo sistema de ‘renting’, que vén tanto a iniciar a renovación do parque deste corpo, que conta con vehículos de máis de 15 anos de antigüidade algún deles superando os 350.000 quilómetros, coma a facer unha aposta polo coidado do medio ambiente.

O novo coche, un Citroen DS, modelo 5, que foi recibido pola concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, e polo xefe da Policía, Daniel Rodríguez, supón que O Porriño pasa a ter un vehículo de que dispoñen moi poucos concellos e, ademais, segundo subliña o xefe da Policía, “mellora e actualiza os nosos medios, preserva a seguridade dos axentes e, o máis importante, mellora notablemente o servizo aos cidadáns”.

Os coche híbridos aportan beneficios para o medio ambiente grazas ao seus baixos consumos globais, á posibilidade de condución en modo EV (eléctrico) e as baixas emisión que emite á atmosfera.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete