Porrigalia 2018 tomará O Porriño do 20 ao 22 de xullo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tres días de lecer, entretemento, música, diversión e xogos forman a programación onde Mojinos Escozíos é unha das grandes citas desta 5ª edición

 

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a concelleira de Festexos, Soledad Girón, presentaron este venres a ‘Porrigalia 2018’, a 5ª edición desta festa que tomará O Porriño entre os días 20 e 22 xullo e que terá coma grandes citas os concertos de ‘Mojinos Escozíos’, o venres día 20; e o de ‘Ses’ o 21 que, coma salientou a alcaldesa toca en Porrigalia grazas á contribución da Deputación de Pontevedra, que asume o seu caché.

Soledad Girón indicou que Porrigalia mantén o seu carácter de celebración aberta a todas as idades e, neste sendo, a súa programación está pensada para que as veciñas e veciños poidan gozar da mesma nas rúas,con actividades nas que pode participar toda a familia.

A festa empezará ás 9 da noite do venres co ‘Desfile da Garda Pretoriana’, entre San Sebastián e o Concello, diante do cal será o aceso do pebeteiro, que este ano fará a atleta porriñesa Carla Guisande. De seguido, chegará o momento da ‘Animación’ por parte dos ‘Gardas de Ent’, xusto antes da actuación de ‘Mojinos Escozíos’ na rúa Domingo Bueno.

O sábado 21, empezará coa ‘Animación na rúa’, ás 11 da mañá na Praza de Antonio Palacios, seguida da Exhibición de Cetrería, unha proposta que se recupera nesta edición de Porrigalia e, de novo, o `Desfile da Garda Pretoriana’. Xa pola tarde -ás 18.00 h- será o momento da ‘Exhibición de loitas e xogos’, diante do Concello, ao tempo que se abrirá ata as 21.00 h fronte á Igrexa de Santa María, ‘Pekegalia e Bebegalia.

A tarde seguirá coa Exhibición de Cetrería, a actuación pola rúa de ‘Festicultores Troupe’ dende as 20.00 h; e ás 22.30 h no escenario de Domingo Bueno, a actuación de ‘Ses’.

O domingo día 22 ao mediodía, Pablo Trasno empezará animando o día na Praza de Antonio Palacios; de seguido unha nova Exhibición de Cetrería, antes da Batukada e a Charanga polas rúas da vila.

Ás 18.00 h, diante do Concello, ‘Exhibición de loitas e xogos’ e as ‘Finais dos xogos’-tiro de corda, traga-bolas, carreira de ovos, tres en raia, canastra, puntería, tiro de menhir e serpe de globos-; de novo, ‘Exhibición de cetrería’, ás 19.30 h, animación e, ás 22.00 h na Praza de Antonio Palacios, Espectáculo de Clausura e Lume, da man de Deabru Beltzak, con "Les tambors de Feu".

A concelleira de Festexos, subliñou que ‘Porrigalia 2018’, aposta tamén por ‘Obradoiros participativos’, aos que pode sumarse todo o mundo, e que teñen coma obxectivo o entretemento, este ano serán de pedra, petroglifos, forxa, cestería, cerámica coiro e madeira.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete