O Acto de homenaxe a Salcedenses Distinguid@s poderá seguirse en directo nas redes

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Salceda estreará este ano unha nova iniciativa que permitirá seguir o acto de homenaxe a Salcedenses Distinguid@s en directo a través das Redes Sociais do Concello

 

Sendo conscientes da cantidade de xente que por diversos motivos (saúde, distancia, traballo, etc.) non poden asistir ao acto, o Equipo de Goberno decide ofrecer esta posibilidade que sen dúbida será do agrado de moita xente.

O Concello de Salceda botaba a andar este ano as súas redes sociais oficiais, priorizando unha vez o dereito á información e a comunicación constante coa veciñanza. Dende entón son moitas as persoas que empregan ditas redes tanto para seguir as novas municipais día a día como para empregalas como canle de comunicación para realizar preguntas ou suxestións.

Parte fundamental deste elevado seguemento está relacionado coa emigración e coas persoas que por diferentes motivos xa non viven en Salceda, e que deste xeito teñen unha canle de comunicación constante que as mantén vinculadas á súa terra natal, tal como lle teñen feito saber en numerosas ocasións tanto ao Alcalde como ao resto de concelleiros e concelleiras do Goberno.

Así pois, o domingo 15, día grande das Festas do Cristo, a partires das 11:45 h, todas as persoas que o desexen poderán seguir o acto a través das redes sociais do Concello, e vivir en
directo o nomeamento como salcedenses distinguidos/a de Jose Rodríguez Martínez, Juan Soto Fontaíña e Elva Lemos Márquez.

Tere Pérez, Concelleira de Cultura e Festas: “Este ano damos un pasiño máis para achegar as nosas festas a tantas persoas que por diferentes motivos non poden achegarse á Praza do Concello para disfrutalas. Conseguiremos así levar este emotivo acto directamente ás súas casas, e que o vivan con nós dende o primeiro momento”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “O dereito á información e a comunicación constante son as nosas máximas, e as ferramentas existentes hoxe en día permítennos como nunca chegar a moita máis xente. Non queremos que ningunha persoa sen quede sen disfrutar do noso día grande, e para eles e elas vai esta iniciativa pioneira no noso concello”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete