Más de 1.000 personas participan este fin de semana “En ruta coa Depo”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Veciñas e veciños de 9 concellos da provincia de Pontevedra realizan visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico

 

O programa “En Ruta coa Depo” organiza a próxima fin de semana 14 novas excursións nas que participan 1.006veciñas e veciños de 9concellos da provincia.Estas excursións permitirán ás persoas asistentes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

Máis polo miúdo, 324 persoas da Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa de San Mamede de Zamáns, do Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares, da Asociación Portas pola Igualdade e da Asociación Cultural Mulleres do Mar de Cambados visitarán a illa de San Simón, o Museo Meirande, Redondela, o castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio.

Pola outra banda, 108 persoas pertencentes ao Centro Sociocultural e Deportivo As Pedriñas e a Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra poderán coñecer a illa da Toxa, desfrutarán dun paseo en barco pola ría de Arousa (con degustación) e tamén visitarán O Grove, o Museo de Salga e darán un paseo pola zona e o xacemento da Lanzada.

Tamén, 108 persoas da Asociación de Veciños Chan do Bosque  e da Asociación de Veciños La Comunidad de Pias farán a ruta pola illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo. 

Ademais, 162 persoas do Club de Xubilados de Santa Eulalia de Meira e da Asociación Avelaíña de Axuda a Persoas con Problemas coñecerán o parque do Río Barosa, en Barro, e tamén visitarán a antiga azucreira, o miradoiro do val do Umia, a exposición sobre Domingo Fontán en Portas, o xacemento da Igrexa Vella de Santa Comba en Louro (Valga) e as Torres de Oeste, en Catoira.

Tamén, 108 persoas pertencentes á Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós visitarán o castro de Santa Trega na Guarda, o Espazo Fortaleza en Goián (Tomiño) e o conxunto histórico, o monte Aloia e o Alto dos Cubos en Tui.

Por outra banda, 54 persoas da Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados  visitarán o conxunto histórico de Cangas, a igrexa do Hío, o miradoiro da costa de Soavela e Cabo Home mentres que, en Bueu, acudirán a Cabo Udra e ao Museo Massó.

Tamén , 108 persoas da Asociación de Veciños de San Mamed deTorroso coñecerán Cambados, que é a Cidade Europea do Viño, así como o Museo Etnográfico do Viño, as ruínas de Santa María Dozo, o conxunto histórico da cidade, a adega do pazo de Fefiñáns (con degustación) e o Museo Muíño de Mareas da Seca.

Por último, 34 persoas da Federación Cogami de Pontevedra coñecerán o conxunto histórico e o Museo da cidade de Pontevedra e a illa de Covo.

“En Ruta coa Depo” ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia  e inclúe xantar e trasporte.

No 2017 participaron na iniciativa “En Ruta coa Depo” 17.501 persoas pertencentes a 410 entidades da provincia. Para este 2018 foron adxudicadas en total 19.814 prazas, 2.313 máis que o ano anterior.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete