A cultura urbana toma Ponteareas o vindeiro sábado 14 no Ruada Jam Fest

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A concellería de Mocidade convida a participar nesta xornada aberta e totalmente de balde na que haberá actuacións e obradoiros de iniciación de slackline, beatbox, parkour, skate, bmx…

 

 

A concellería de Mocidade que dirixe Verónica Carrera presenta o Ruada Jam Fest, o primeiro encontro coas tendencias en cultura urbana que terá lugar o vindeiro 14 de xullo a partir das doce do mediodía.

Ao longo da xornada haberá obradoiros de iniciación e avanzados de distintas modalidades creativas. Ademáis celebrarase unha competición de danza moderna a nivel galego con participantes chegados de distintos puntos da xeografía de Galicia pero que tamén terá cabida para todos aqueles e aquelas que queiran amosar as súas habilidades co ritmo.

O parque da Feira Vella acollerá este evento de participación libre no que non fará falta inscribirse para poder participar en todas as actividades. All Style Battle 1VS1, show break, graffiti, bmx, obradoiros de beatbox, slackline, parkour, skate… son algunhas das expresións da cultura urbana que os e as participantes terán a oportunidade de coñecer ou de perfeccionar a súa práctica.

A organización disporá dun micro libre que estará aberto para expresar toda a creatividade da mocidade de Ponteareas e da área metropolitana. Tamén haberá dous parques móbiles de skate e parkour para uso libre.

A sesión do DJ Mil completará o programa do Ruada Jam Fest que, por iniciativa da concellería de Mocidade, permitirá que a mocidade de Ponteareas poida expresarse e satisfacer as súas inquedanzas culturais nunha xornada aberta e totalmente de balde.

Verónica Carrera convida a toda a mocidade da área metropolitana a formar parte da cultura urbana e asistir ao Ruada Jam Fest que nace grazas ao esforzo previo da concellería que dirixe por coñecer as necesidades culturais e de formación dos máis novos de Ponteareas.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete