“DepoAndaina” polo Castelo de Sobroso e o Castro de Troña por terras do Condado

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta terceira DepoAndaina -que esgotou as súas prazas en 24 h- combinará deporte, turismo e a posta en valor do patrimonio coa participación de 300 persoas

 

Este próximo domingo terá lugar a terceira das “DepoAndainas”,da Deputación de Pontevedra, na que 300 persoas percorrerán 14 km pola comarca de O Condado, sendo o punto de partida a casa do concello de Mondariz. A elevada demanda fixo que, para a ruta, as 300 prazas ofertadas pola Deputación de Pontevedra se completasen en 24 h.  

Tratarase dunha andaina circular, de 3,5 h de duración e de dificultade media-alta na que se percorrerán distintos reclamos turísticos da comarca pontevedresa como son os castros Laredo e Troña, as rutas polos ríos Xabriña e Tea ou o monte Landín. A actividade vinculada a esta andaina realizarase no castelo de Sobroso, onde se lles explicará aos participantes a historia, a orixe, a importancia, os momentos clave, as batallas e as persoas relevantes vinculadas a esta edificación histórica. Tamén se lles describirá aos asistentes como se vivía no antigo asentamento do castro de Troña.

O principal obxectivo do programa “Depo Andainas” é a promoción do deporte e o turismo, poñéndose o foco, na edición deste ano, na posta en valor do patrimonio da provincia de Pontevedra. Así, a iniciativa da Deputación ofrece actividades gratuítas que impulsen hábitos saudables, pero que tamén promovan o territorio, promocionen o turismo e impulsen a preservación do medio ambiente da provincia. Neste edición, o protagonismo do programa recae nas actividades transversais asociadas ao patrimonio, coa intención de que os participantes poidan coñecer mellor a riqueza histórica, cultural e paisaxística da provincia.

A primeira das andainas celebrouse en maio no concello de As Neves e na que os participantes percorreron o quilómetro cero da vaga de lumes do pasado outubro. A segunda, que se desenvolveu en xuño entre Moaña e as Cíes, terá a súa continuación este domingo no Condado. O programa continuará en setembro na serra do Candán e concluirá en outubro en Gondomar.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete