A AAVV S.Benito e S. Sebastián do Porriño presenta a Xª Edición da Festa do Chouripán do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Celebrarase este sábado 23 de Xuño na praza de San Sebastián a partir das 19.00 h

 


A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián presentou hoxe a Xª edición da Festa do Chouripán do Porriño, que se celebrará o vindeiro sábado 23 de Xuño na Praza de San Sebastián do Porriño a partir das 19:00 horas.

A Xunta Directiva informou que os asistentes á Festa do Chouripán poderán degustar o tradicional "chouripán" elaborado de xeito artesanal con producto do país e co tradicional "Pan do Porriño", que suministran varias panaderías porriñesas. Os asistentes poderán degustar o "chouripán" cunha bebida por tan só 2,5 euros.

Asimesmo, a Festa do Chouripán contará coa tradicional fogueira de San Xoan e con animación musical e cultural para facer máis agradable a experiencia que se acenderá ás 12:00 da noite. 

Asimesmo, este ano, a Festa terá un evento especialmente emotivo: a colocación da placa da nova praza Fidenciano Palacín. Trátase dunha inicativa que a asamblea de socios da AAVV aprobou no ano 2016, e que reivindica a figura de D. Fidenciano Palacín, veciño do barrio, impulsor de moitas iniciativas sociais e culturais  e moi coñecido por ser o antigo carteiro do Porriño, como xa se ten destacado en prensa.

A solicitude da Asociación de Vecilños foi aprobada en pleno da corporación municipal do Porriño por unanimidade de todos os grupos da corporación local e asumida polo goberno local, a través da concellería de Urbanismo que dirixe D. Marcelino Coto Troncoso. Así pois, ás 19:00 horas do sábado, será a inauguración pública da placa que vai renomear a praza anexa a capela de San Sebastián do Porriño, que pasará a denominarse, Praza Fidenciano Palacín. Un feito que congratula a todos os socios e un acto de merecido recoñecemento. A presidenta da AAVV, Carmen Rodríguez, afirmou que "se cumpre un acordo da nosa asamblea en recoñecemento á laboura dun veciño destacado e agradecemos a todos os partidos da corporación o seu apoio a esta proposta. Os barrios tamén lembran, e Fidenciano Palacín, o merecía sobradamente"

Por todo elo, dende a Asociación queren convidar a todos os veciños e a todas as persoas que o desexen, a asistir e disfrutar da Festa do Chouripàn do Porriño este sábado 23 de Xuño.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete