O Porriño volve disfrutar do ciclismo coa III Challenge Rías Baixas

Hoxe tiveron lugar as dúas primeiras etapas das tres que alberga a proba con percorrido entre os concellos de Ponteareas, Mos e O Porriño

 

 

Esta fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da "Challenge Rías Baixas" que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23.

A proba, organizada polo club "Master da Louriña" cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e "master", homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.

A Challenge consta de tres etapas:

- 1ª etapa denominada "Gran Premio Ponteareas" celebrouse este sábado, unha contra reloxo individual de 8 km que transcurríu polo parque de Avisoureira -en Guláns- pola mañá.

- 2ª etapa, celebrada ás 17.00 h, disputouse o "Gran Premio de Mos", en liña, de 81 km.

- 3ª etapa será este domingo 23, a etapa final "Gran Premio do Porriño", de 85 kilómets en liña. A saída neutralizada será a partir das 10,30, dende a Avenida Domingo Bueno. O pelotón partirá en dirección Tui pola estrada N-550. O final de etapa, previsto ó redor das 13.00 h será ante o Palco de San Benito, na rúa Manuel Rodríguez.

Tanto a Challenge Rías Baixas así como a recente Xarotos Gran Fondo, a outra proba que organiza Master da Louriña, movilizan en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converten Porriño no epicentro destes eventos.

Co gallo da presentación de ambas, celebrada hai días na praza do Concello, o presidente da Federación Galega de Ciclismo manifestaba que "valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súa sensibilidade para co noso deporte”, sinalou Juan Carlos Múñiz, presidente federativo. Pola súa banda a alcaldesa Eva García manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, dinamización social e o ambiente que supoñen estes eventos deportivos para a hostelería e comercio de Porriño” que ademáis “volve a reinvidicase como O Concello do Deporte”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete