Iria Campos e David Castro triunfan na proba BTT das Neves

A competición organizada pola Deputación de Pontevedra -que serviu para estrear o “Depo Desafío 2019”- iniciou a súa segunda edición con máis de 150 deportistas percorrendo 30 km polos montes das Neves

 

 

Iria Campos e David Castro convertéronse nos primeiros gañadores dunha proba do “Depo Desafío 2019” despois de cruzar a meta en primeiro lugar na etapa BTT que acolleu este domingo 9 de xuño o concello das Neves.

En categoría feminina foi Iria Campos Trabazo a primeira clasificada, cun tempo dunha hora e 50 minutos. En segundo lugar chegou Andrea Simón Orsolya (terceira na clasificación xeral de 2018) e en terceiro, Cristina Fernández López.

Pola súa banda, en categoría masculina venceu David Castro Porto, cun tempo de 1 hora e 29 minutos. Por detrás chegaron Ramón Troncoso, en segundo lugar, e Alexandre Rodríguez Paz, terceiro. Este último, na primeira edición do “Depo Desafío”, foi terceiro na clasificación xeral.

O percorrido polo concello das Neves foi un circuíto de 15 km ao que se lle deu dúas voltas. Este circuíto tiña unha altitude máxima de 490 m e un desnivel positivo de 422 m.

Tras esta proba BTT a seguinte parada do “Depo Desafío 2019” será Poio, o 6 de xullo. Alí celebrarase unha travesía a nado de 1.500 m que pasará por Combarro. No mes de xullo, amais desta proba, celebrarase a carreira a pé de 12 km que percorrerá as rúas de Vilagarcía de Arousa. Esta proba será o 27 de xullo.

Tanto para estas probas de xullo como para o trail de Cuntis (setembro) e o tríatlon de Vigo (outubro) as inscricións xa están abertas. Tamén abriuse novamente este luns a inscrición conxunta para todas as etapas, posto que para optar á clasificación xeral só é necesario participar en 4 probas. Tanto para a travesía de Poio como para todas as probas en conxunto as inscricións péchanse o luns 1 de xullo.

O "Depo Desafío", que este ano chega a súa segunda edición, trátase dunha das actividades postas en marcha pola institución provincial para popularizar este tipo de probas deportivas á vez que se promove o destino turístico -razón pola que as probas se distribúan ao longo do territorio pontevedrés- e, do mesmo xeito, concienciar á poboación da urxencia de practicar deporte no medio natural dun xeito respectuoso, sustentable e responsable.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete