O 4º Budiño Raid Baixo Miño 2018 terá lugar este sábado no entorno de Tomiño e O Rosal

Esta proba é tamén a última da Liga Galega de Raids e Campionato Galego polo que acada ser moi pelexada polos distintos equipos participantes que proveñen dende toda Galicia

Este martes pecharonse as inscricións con 18 equipos na categoría élite, 23 na de aventura e 15 na Orienta Raid 

 

Os concellos de Tomiño e do Rosal serán os escearios escollidos para a 4ª Edición do BudiñoRaid Baixo Miño 2018, que se celebrará este sábado 27 de ouctubro; ademáis este evento deportivo é, a súa vez, 5ª (e última) Proba da Liga Galega de Raids de Orientación e Campionato Galego 2018. A proba desenrolarase baixo as seguintes disciplinas: trekking, kaiak, BTT, a pé e mailas robas de Rappel, Escalada e Jumar. 

Nun percorrido que vai dende os 60 ós 85 km a saída terá lugar a 09.30 h dende a Praza do Concello de Tomiño para as categorías Élite e Aventura e á mesma hora, pero dende a Fortaleza de Goian, para a categoría Orienta Raid. A hora límite de meta e ás 19.30 h con chega para todas as categorías á praza tomiñesa.

Para poder participar no BUDIÑORAID_Baixo Miño 2018 será obrigatorio que todos os participantes teñan 18 anos cumpridos, e deben estar en posesión da licenza de Raids da FEDO, ben na súa versión anual, ou ben tramitando a licenza de un día -2 €-.

As categorías de competición son as de :

- Élite: Categoría Oficial obrigada con formato 3 compoñentes + asistencia, cun percorrido de 85 Km e con 18 equipos inscritos.

- Aventura: Categoría Oficial obrigada con formato 2+1 reserva-asitencia, cun circuito tamén de 85 Km e con 23 equipos participantes.

- Orienta Raid: Categoría non Oficial con formato 2+sen limites, con menor traxecto de 60 Km e con 15 grupos anotados.

O material obrigatorio por cada participante sempre en carreira é silbato, coñecemento do código morse de S.O.S, manta térmica, mochila, recipiente para bebida (1 l), ración enerxética (200 gr), chaleco reflectante e luz frontal.

Por outro lado, o material obrigado por equipo en carreira e de compás (brúxula), 1 teléfono móbil con batería, apagado e co PIN escrito no exterior, botiquín de emerxencia -con esparadrapo (2,5m.), venda (2,5m.), compresas ou apósitos (5 ud), antiséptico (50 ml.), analxésicos (5 ud), antiinflamatorios (5ud.)- e GPS de Tracktherace (facilitado pola organización). Está totalmente prohibido o uso de calquera dispositivo GPS que non sexa o proporcioado pola organización.

Máis info.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete