O Club Natación Ponteareas coloca en competicións internacionais a dous nadadores

Andrea Domínguez e Pablo Cabana clasificáronse ámbolos dous para o Campeonato Europeo da categoría -Malta, 13-15 xullo-   

A nadadora tamén participará na Mediterranean Open Water Swimmimg Cup -Grecia, 28-29 xullo-

 

 

O Club Natación Ponteareas acada cos nadadores Andrea Domínguez e Pablo Cabana o Campionato de España e entran no calendario internacional, por este motivo o goberno de Ponteareas quixo recibir na casa do concello aos nadadores do club para felicitalos pola súa traxectoria e resultados acadados.

Do 15 ao 17 de Xuño celebrouse o XXI Campionato de España Open de Natación en augas abertas no Río Guadalquivir, Sevilla. Até terras andaluzas achegouse un equipo do club formado por 3 nadadoras (Carla Faro, Laura Rodríguez e Andrea Domínguez) e 4 nadadores (Lucas Costa, Marcos Martínez, Javier Alonso e Pablo Cabana) que, segundo a categoría, competirán en diferentes distancias. 

O Club explica que todos e todas tiveron papeis salientables nas súas probas individuais(5km, 7,5km e 10km) e na proba mixta de 4x1250 m. que acadou o 6° posto, pero nesta ocasión destacan o papel dos nadadores da categoría Infantil (distancia 5km) Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana del Amo que acadaron o Campionato de España. 

O título fai que ambos os dous estean clasificados para participar no Campionato Europeo da categoría, que terá lugar en Malta -do 13 ao 15 de Xullo- coa selección nacional de Augas abertas. Ademáis, este título dalle a Andrea o billete para participar na Mediterranean Open Water Swimmimg Cup (COMEN) que se vai disputar en Grecia - 28 e 29 se Xullo.  

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez desexáronlle en nome de todo o goberno éxito para as vindeiras citas internacionais.

O Club, que entregou ao concello unha fotografía dos participantes na proba de Sevilla, sinala que que soamente son 3 as nadadoras que se poden clasificar e representar a España neste prestixioso Torneo. 

Pablo e Andrea convertense así nos primeiros nadadores internacionais do Club Natación Ponteareas da súa historia. 

De Sevilla, o equipo masculino trouxo tamén o 9° e o feminino o 4° posto da clasificación final por equipos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete